os espectáculos de
Por Damián Alonso
solovoz
Espectáculos
4
Os contos do fillo da Luca
O fillo da Luca, achégase a contarnos os contos de sempre, pero un chisquiño actualizados. Os contos de sempre, nos tempos de agora, ou iso pensamos. Para público a partir dos 9 anos e ata os 99, ou mais, se cabe.
1
2
3
Cachosdesqueches
Espectáculo de humor e teatro. Composto por 4 skechs protagonizados sempre por un home e unha muller, que viven distintas situacións, non sabemos si cotidians, pero sí que son distintas. Para asisitir como público hai que ter a 1ª comunión feita, alomenos.
Orquestra de Camarote
Conto musicado infantil. Románti-co, axente artísitico,, cóntanos a historia do príncipe Lorenzo, do Reino da Pedreira, que atopa unha caixiña musical e namorado desa música quere aprender música e coñecer o mundo. Así comeza unha viaxe mundial e moi especial.
Ler o prospecto antes de...
Monólogo sobre diversidade e igualdade. Onde lle damos un chisquiño de caña, pero con humor, a todas estas situacións cotiáns machistas, homófobas, transformas e xenófobas.... Promocionando IGUALDOL FORTE, que fai moita falta.
CACHOSDESQUECHES
Se che apetece rir, esta é unha obra que se achega moito ao humor (negro, absurdo, disparatado, tolo, ou standard).
70´de espectáculo, 10 personaxes e moitas risas... isto tiña que estar subvencionado pola Seguridade Social.
ORQUESTRA DE CAMAROTE
Un conto para nen@s, preadolescentes, adúlt@s e maiores e moi maiores... @s adolescentes andan a outras cousas, así que imos deixá-los tranquiliñ@s.
Un conto musical onde o príncipe Lorenzo nos deleitará coas súas melodías á trompeta e ao acordeón, e Román-tico, axénte artís-tico, nos contará unha fabulosa historia. ,
LER O PROSPECTO ANTES DE....
HERMEN&GILDO está a facer un cursiño de Diversidade&Igualdade, por orde xudicial. Ademáis está a tratamento de desintoxicación de machismo, homofobia, transfobia, racismo, misoxinia e gilipofobia... e agora está afacer promoción de IGUALDOL FORTE, un medicamento moi necesario nesta época. Pide a túa mostra!
Os contos do fillo da Luca
O fillo da Luca cóntanos a súa historia, ao mellor un chisquiño mellorada, pero é a súa memoria, así que pouco podemos dicir... pero tamén nos vai contar algún conto de sempre aínda que un chisquiño actualizado a estes tempos actuais .... Risas e emocions! Non o perdas!
Jessica Roade
Cachosdesqueches
Licenciada en Filología Hispánica.
Actríz de teatro
Profe de teatro.
Con moitísima experiencia en actuacions e monólogos.
Moisés Lorenzo
A Orquestra de Camarote
Licenciado en trompeta polo CMUS de VIGO.
Profe de Trompeta e Acordeón
Músico fundador “Turres Band”
Tocando nunha enchenta de bandas, grupos, etc...
Damián Alonso
Cachosdesqueches
A Orquestra de Camarote
Ler o prospecto antes de...
Os contos do fillo da Luca.
Fai Dobraxe e Teatro. E imparte formación de podcast, narración oral, teatro, dobraxe e algo mais.....
1
CACHOSDESQUECHES
O noso espectáculo pódese solicitar polo PONTEGAL; pero se non tedes acceso a esa subvención, entón temos que cobrarvos .... contáctanos e faremos a mellor oferta.
INFORMACIÓN INT€R€SANTE
Estes espectáculos vannos encher de emocións, de saudade, de risas, de lembranzas... en fin, que son uns espectáculos que deberían estar subvencionados pola Seguridade Social, pero aínda non chegamos a iso. Así que lamentablemente temos que cobrar polo noso traballo, aínda que o hacemos con moitísimo gusto.... pero hai que pagar autónomos e iva e IRPF e tamén temos que comer. Entón para que non haia dúbidas, deixámosvos por aquí os nosos cacheses ou como se diga.
2
A ORQUESTRA DE CAMAROTE
Tamén estamos no PONTEGAL e no LER CONTA MOITO, xa tes máis opcions.... pero se con esas non atopades subvención contactade con nós, faremos a mellor oferta posible .
3
LER O PROSPECTO ANTES DE...
*Tí non o dubides, contacta con nós.. e faremosche a mellor oferta....
A Hermen&Gildo podédelo solicitar por PONTEGAL, Ler Conta Moito e tamén estamos na Depo de Ourense, pero se non pode ser... contacta con nós, faremos a mellor oferta , o IGUALDOL é gratis!
4
OS CONTOS DO FILLO DA LUCA
Tamén estamos en PONTEGAL,LER CONTA MOITO e na DEPO de OURENSE, pero se non vos botan unha man a pagar isto... contacta con nós e faremos a mellor oferta.
¿?
Que é todo isto?
Son un apaixonado do mundo da voz, e da interpretación. Coa miña profe de teatro Jessi comecei a facer as miñas primeiras diagonais.... e cando tiven confiaza con ela, pedínlle que me acompañase no mundo do espectáculo de HUMOR, e ela con pouca cabeza, dixo que sí.
Tamén teño a sorte de ter un primo fabuloso, MOISÉS, que non só sabe de música, e moito, senón que lle mola o de andar de troula e pasalo ben, e facerlle aos demáis que o pasen ben... Así que me propuxo unha historia musical para a súa escola. díxome “A que non hai ....?” e de aí para adiante.
E como todo isto da interpretación, a narración, a voz, o teatro e o humor encántame, posi aquí estou, tentando facer rir á vez que o paso ben eu.
Agora xa sabes que é todo isto......... xa só che queda velo e rir, cantar, bailar, emocionarte,en fin, vir a pasalo ben!
Contacta con nos e tentaremos que o paredes ben, que digo ben, moi moi ben!
Chámanos, escríbenos, jrítanos, o que queiras.... pero tí, avísanos... que queremos actuar na túa parroquia., escola, centro cultural, bar, local, campo da festa..... onde sexa!
graciñas
Agardamos verte pronto!
Quén está detrás de Solovoz?
Damián Alonso é un apaixonado da voz, da actuación e da formación.
Ten a incríble norte de facer dobraxe e teatro, ser a voz en off dalgúns programas, tamén fai locución, publicidade, e tamén principiante de monologuista e contacontos..
E sobre todo, encántalle impartir formación en obradoiros de dobraxe, voz, teatro, locución, radio, podcast, narración oral e falar en público.
Damián Alonso
Titiriteiro e festeiro